Semana Santa 2019. Visitas ao Museo

Semana Santa. Museo de Pontevedra
Desde 14 abr 2019 ata 21 abr 2019
Museo de Pontevedra. Pontevedra
Do domingo 14 ao domingo 21 de abril o Gabinete Didáctico ofrece un programa especial de visitas guiadas consistente en diversos percorridos polas nosas coleccións nos que poden participar gratuitamente todas aquelas persoas que nos visitan de forma individual ou en pequenos grupos.
Información
  • Do domingo 14 ao domingo 21 de abril (luns pechado)
  • De martes a sábado: 12 h e 18 h
  • Domingos e festivos: 12 h
  • Duración: 75 minutos aproximadamente
  • Punto de encontro: Sexto Edificio
  • Sen inscrición
  • Máis información en museo.depo.gal