Visitas caracterizadas ao castelo de Soutomaior

Visitas caracterizadas ao castelo de Soutomaior
Desde 30/05/2021 ata 25/08/2021
Castelo de Soutomaior. Soutomaior

María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria farán un percorrido polo parque botánico que rodea a fortaleza, contarán as súas vivencias, anécdotas e algún que outro segredo acaecido nos xardíns do castelo de Soutomaior. As árbores senlleiras, o xardín francés, as sequoias e os viñedos formarán parte deste escenario testemuña de parte da historia de Galicia

Información
  • Duración: 60 minutos
  • Prezo: 8 €
  • Reserva e venda de entradas: castelodesoutomaior.com
  • Público ao que vai dirixido: adulto
  • Datas e horarios:
    • Maio: 30, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h
    • Xuño: 6, 13, 20 e 27, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h
    • Xullo: 7, 14, 21 e 28, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h
    • Agosto: 4, 11, 18 e 25, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h