Axenda de actividades provinciais

Xornada arredor de Alfredo García Alén. A Vida, a Obra, o Museo

2024-05-30 11:00:00.0
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Alfredo García Alén

A vida e a obra de Alfredo García Alén (Pontevedra, 1923-1981) están intimamente ligadas ao Museo de Pontevedra, ao que accedeu como alumno colaborador e onde ocuparía, anos máis tarde, as prazas de secretario e director adxunto, traballos que compaxinou coa docencia no Instituto de Pontevedra.

Información

Acceso libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal

Programa