Axenda de actividades provinciais

Tirando do fío. Curso de arte e indumentaria

Desde 31/01/2024 ata 17/04/2024
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Curso Tirando do fio

O Museo de Pontevedra organiza un curso sobre a historia da indumentaria a través da arte. Será impartido por Carolina Munáiz, que dedicará cada sesión a un momento histórico diferente, percorrendo así o antigo Exipto, Grecia, Roma, Bizancio, a Idade Media, o Renacemento e o Barroco ata desembocar na Revolución francesa.

Información

Horario de 19:00 a 20:30 h

O acceso é libre

Máis información