Axenda de actividades provinciais

Exposición “Achegas das mulleres á sustentibilidade do mar"

Desde 02/04/2024 ata 18/04/2024
IES do Castro de Vigo
Achega das mulleres á sustentabilidade do mar

Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar é unha exposición que busca dar visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández.

Esta iniciativa está promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño

Información

O día 2 de abril ás 9:50 horas terá lugar a inauguración da exposición

Ese mesmo día faranse, co alumnado de 1º da ESO, 60 persoas, dous obradoiros a cargo de Tamara Amorin (persoa da Universidade que participou na investigación que posteriormente se plasma na exposición)

Máis información