Axenda de actividades provinciais

Exposición Achegas das mulleres á sustentibilidade do mar. Cangas

Desde 2022-11-30 00:00:00.0 ata 2023-01-10 23:59:00.0
IES de Rodeira. Cangas
Sustentabilidade feminina no mar

Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar é unha exposición que busca dar visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández.

Esta iniciativa está promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño

Información

 Inauguración o 30 de novembro. Haberá unha charla do proxecto que comezará ás 11:30 h, no salón de actos do concello, a cargo de María Mercedes Álvarez Lires.

Máis información