Axenda de actividades provinciais

Exposición Achegas das mulleres á sustentibilidade do mar. O Porriño

Desde 01/03/2024 ata 22/03/2024
CEIP Plurilingüe Antonio Palacios. O Porriño
Cartel achega das mulleres

Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar é unha exposición que busca dar visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández.

Esta iniciativa está promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño.

Información

O día 5 de marzo

  • Ás 11 horas terá lugar a inauguración da exposición no CEIP Plurilingüe Antonio Palacios
  • O alumnado de 6º de Educación Primaria terá uns obradoiros a cargo de Tamara Amorin

Máis información