Axenda de actividades provinciais

Exposición "Pontevedra en America. Unha mirada en feminino"

Desde 10/04/2024 ata 09/05/2024
Centro sociocultural de Tenorio. Cerdedo-Cotobade
Exposición Pontevedra e America

Este proxecto foi desenvolvido pola Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela ao abeiro do Convenio asinado entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela. Pontevedra marca para as trece mulleres aquí representadas unha parte importante da súa experiencia vital, asemade intimamente inserida nas súas vivencias en terras americanas, en países como Brasil, Cuba ou Arxentina.

O tempo transcorrido en Pontevedra e o vivido en América, se ben distintos en época, duración, circunstancias persoais…, constitúe o principal nexo de unión entre as mulleres desta escolma. Para unhas América constitúe o seu lugar de nacemento, que moi axiña se compatibiliza co “universo” incorporado na emigración familiar aos países de destino (A. Miranda, N. Piñón, L. Lores, T. Táboas), outras manterán igualmente unha intensa e prolongada vivencia naqueles países (I. Barreto; M. Arauxo, J. Sabor, I. Gómez, V. Pereira) sendo noutros casos a estadía máis curta, (M. Vinyals, E. Colmeiro, M. Villaverde, M. Ruibal) e non porén menos intensa.

Información

Máis información ​​​​​​​