Axenda de actividades provinciais

Mulleres en acción. Violencia Zero. A Cañiza

17/08/2022 22:00
Praza Maior da Cañiza
Mulleres en Acción. Violencia Zero

O programa "Mulleres en acción. Violencia zero" entendeu a emerxencia feminista e a urxencia cultural que demandaba o momento e, lonxe de parar, saíu á rúa con máis forza se cabe, levando nas súas pezas artísticas as problemáticas da situación actual: visibilizando, sensibilizando e implicando. E fixo activismo noutro senso non menos importante: mantivo o compromiso coas mulleres artistas. Nunha crise sen precedentes, que masacrou o sector cultural dun xeito ineludible, as mulleres creadoras víronse na estacada presenciando a caída, a cancelación e o aprazamento de case todos os seus proxectos culturais. Por iso, manter a axenda do programa (literalmente) tamén era poñer a axenda feminista no foco. Así, o programa volveuse flexible para poder acompañar as artistas, máis tamén as mulleres, na loita pola igualdade.

Información

Artista: Suevia

Peza: Vive e deixa vivir

Lugar: praza Maior da Cañiza

Hora: 22

Ver máis