Axenda de actividades provinciais

Olladas musicais: audicións comentadas

Desde Wed May 08 00:00:00 GMT 2024 ata Wed May 29 23:59:00 GMT 2024
Museo de Pontevedra

Este curso ten como obxectivo principal promover o aprecio e a comprensión da música clásica entre a cidadanía. A través de charlas interactivas e audicións comentadas, achegaráselle este xénero musical a un público adulto, ao proporcionar un espazo de encontro cultural no que quen participe poida explorar, aprender e gozar de obras clásicas emblemáticas.

Información

O acceso é libre. Ademais, entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal e asistan como mínimo ao 70 % das sesións.

Programa completo

  • 8 de maio. Fauna e fantasía descifrando o Entroido dos animais, de Saint-Saëns
  • 15 de maio. Entre historias e sons: unha inmersión no universo encantado de Miña nai, a gansa, de Maurice Ravel
  • 22 de maio. Explorando Cadros para unha exposición, de Mussorgsky: unha viaxe musical pola arte visual
  • 29 de maio. Os encantos de Scheherezade: unha viaxe musical por As mil e unha noites

Máis información