Axenda de actividades provinciais

Exposición Pontevedra en America. Unha mirada en feminino

Desde 06/06/2022 ata 06/06/2022
Praza da igrexa de Silleda
Pontevedra en America. Unha mirada en feminino

Este proxecto foi desenvolvido pola Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela ao abeiro do Convenio asinado entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela. Pontevedra marca para as trece mulleres aquí representadas unha parte importante da súa experiencia vital, asemade intimamente inserida nas súas vivencias en terras americanas, en países como Brasil, Cuba ou Arxentina.

O tempo transcorrido en Pontevedra e o vivido en América, se ben distintos en época, duración, circunstancias persoais…, constitúe o principal nexo de unión entre as mulleres desta escolma. Para unhas América constitúe o seu lugar de nacemento, que moi axiña se compatibiliza co “universo” incorporado na emigración familiar aos países de destino (A. Miranda, N. Piñón, L. Lores, T. Táboas), outras manterán igualmente unha intensa e prolongada vivencia naqueles países (I. Barreto; M. Arauxo, J. Sabor, I. Gómez, V. Pereira) sendo noutros casos a estadía máis curta, (M. Vinyals, E. Colmeiro, M. Villaverde, M. Ruibal) e non porén menos intensa.

Información

Inauguración da exposición o mércores 11 de maio, ás 18:30 h na praza da igrexa de Silleda e ás 19:00 h coa visita guiada a cargo de María Xosé Rodríguez Galdo, catedrática emérita de Historia e Institucións Económicas da USC e conferencia homenaxe a Elena Colmeiro a cargo de Rosario Sarmiento e Virxinia Pereira a cargo de Montse Fajardo

Máis información