Axenda de actividades provinciais

Pontevedra en America. Unha mirada en feminino. Redondela

Desde 24/10/2022 ata 28/11/2022
Multiúsos da Xunqueira. Redondela
Pontevedra en America. Unha mirada en feminino. Redondela

Este proxecto foi desenvolvido pola Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela ao abeiro do Convenio asinado entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela. Pontevedra marca para as trece mulleres aquí representadas unha parte importante da súa experiencia vital, asemade intimamente inserida nas súas vivencias en terras americanas, en países como Brasil, Cuba ou Arxentina.

O tempo transcorrido en Pontevedra e o vivido en América, se ben distintos en época, duración, circunstancias persoais…, constitúe o principal nexo de unión entre as mulleres desta escolma. Para unhas América constitúe o seu lugar de nacemento, que moi axiña se compatibiliza co “universo” incorporado na emigración familiar aos países de destino (A. Miranda, N. Piñón, L. Lores, T. Táboas), outras manterán igualmente unha intensa e prolongada vivencia naqueles países (I. Barreto; M. Arauxo, J. Sabor, I. Gómez, V. Pereira) sendo noutros casos a estadía máis curta, (M. Vinyals, E. Colmeiro, M. Villaverde, M. Ruibal) e non porén menos intensa.

Información

Inauguración da exposición o luns 24 de outubro, ás 18:00 h, nos multiúsos da Xunqueira
Lara Graña rendira homenaxe a Isabel Gómez Costas

Exposición do 24 de outubro ao 28 de novembro

Máis información