Axenda de actividades provinciais

Proxecto expositivo "Mais ala De catro a catro"

Desde 2024-01-18 00:00:00.0 ata 2024-03-01 23:59:00.0
Sala Rosalía de Castro, sede da Deputación en Vigo
Exposición Máis alá de catro a catro

Máis alá De catro a catro é un proxecto de intervención sobre o coñecido poemario de Manuel Antonio, De catro a catro (1928), co fin de extraer “novos poemas” dentro dos propios poemas orixinais nun sentido, ao mesmo tempo plástico e poético, e obxectualizar cada páxina dos dezanove poemas que forman esta obra de gran transcendencia na poesía galega; para iso adopta unha “actitude vangardista” influída polo manifesto que redactara en 1922 o propio Manuel Antonio, Máis alá.

Información

Inauguración xoves 18 de xaneiro, ás 19 h

Máis información