Axenda de actividades provinciais
Seminario: Museos, feminismos, canon. Outras historias da arte
![Seminario museos feminismos](/documents/37861/6284156/seminario_museos_feminismo.jpg)
Enmarcada dentro das liñas de investigación sobre a perspectiva de xénero e a necesidade de pensar novas narrativas nos museos do século XXI, a segunda edición do seminario ‘Museos, feminismos, canon’ repasará algúns dos estereotipos femininos que perduraron durante séculos e o papel que teñen os museos na transformación social que recoñeza a importancia da muller na historia e na historia da arte. Estas novas narrativas contribúen a cuestionar o canon establecido e a desenvolver relatos que permitan imaxinar novas posibilidades no ámbito da museoloxía.
Información
Organiza: Museo de Pontevedra, coa colaboración da Área de Antropoloxía social e cultural da Universidade de Vigo
Acceso libre
Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal