#MulleresQueOpinan

AS MULLERES QUE OPINAN SON PERIGOSAS

2023

Venres 17  e sábado 18 de marzo de 2023

Teatro Principal, Pontevedra

O encontro conta con servizos de interpretación en lingua de signos


O 2 e 3 de marzo de 2018 tivo lugar en Pontevedra o foro que foi antesala dun 8M histórico. Aquela primeira edición de As Mulleres que Opinan Son Perigosas naceu como un berro colectivo contra o machismo no columnismo de opinión, pero acabou sendo un foro de debate sobre o xornalismo, a perspectiva de xénero e o papel das mulleres xornalistas no pasado, no presente e no futuro da profesión. Durante dous días o Teatro Principal pontevedrés completou a súa capacidade con centos de mulleres e homes que quixeron escoitar as relatoras convidadas, columnistas galegas e do resto do Estado.

Conseguimos ser tendencia nacional en Twitter co hashtag #MulleresQueOpinan e os vídeos almacenados na canle de YouTube da Deputación e do Concello de Pontevedra suman miles de visualizacións. Son datos que confirman o éxito daquel foro que se revelou como punto de encontro necesario para visibilizar as mulleres xornalistas e seguir reivindicando o espazo que merecen na profesión.

Máis de sesenta mulleres profesionais do xornalismo e da comunicación estiveron en Pontevedra desde 2018 e forman parte da rede As Mulleres que Opinan Son Perigosas, unha marca de referencia, compromiso e calidade no xornalismo de opinión. Ademais, agora este encontro é moito máis do que se propoñía na primeira edición, porque nestes anos amosamos que tamén son perigosas as mulleres que informan, as que presentan, as que dirixen medios e deciden a axenda, as que entrevistan, as que son correspondentes internacionais, as que ilustran e as que crean contido para redes. Son perigosas as mulleres que descobren outras mulleres, tecen redes e fan do xornalismo unha resistencia feminista.

Pero aínda temos moito que contar. Conquistar o espazo público e mediático é tarefa fundamental da perigosidade feminina. Por iso, o 17 e 18 de marzo de 2023, cinco anos despois, volvemos ao Teatro Principal cun foro xa consolidado como cita de referencia fóra e dentro de Galicia. Nesta sexta edición escoitaremos trece profesionais de diferentes perfís para reivindicar que estamos aquí e que non hai marcha atrás porque somos necesarias.

PROGRAMA

  • Venres 17 de marzo
    • 12:00 h Inauguración: Diana López e Susana Pedreira coa presidenta e co alcalde
    • 12:30 h “Malcriadas e deslinguadas. A opinión centennial en clave local”. Alba Moledo Ucha, xornalista en Diario de Pontevedra Ver en Youtube
    • 13:15 h “Activismo e influencia: responsabilidade e viralidade na opinión con perspectiva feminista para Instagram”. Sindy Takanashi, creadora de contido Ver en Youtube
    • 14:00 h Pausa para o xantar
    • 17:00 h “A voz dunha pioneira: 40 anos de xornalismo comprometido nas ondas galegas”. Aida Pena, xornalista na Cadena SER Ver en Youtube
    • 17:45 h “Maternidade e poder: escravitude ou revolución”. Nuria Labari, xornalista e escritora. Opinión en El País Ver en Youtube
    • 18:30 h Pausa para o café
    • 18:45 h “A crítica de La Script: cine, series, premios e festivais”. María Guerra, xornalista e crítica de cine Ver en Youtube
    • 19:30 h “Conversacións, experiencias e humor: a noite é súa”. Mara Torres, xornalista en na Cadena SER Ver en Youtube
  • Sábado 18 de marzo
    • 11:45 h “Failume. As mulleres rabudas tamén opinan”. Antía Paz, xornalista. Opinión en Luzes Ver en Youtube
    • 12:30 h “Opinar sobre o que vemos”. Paloma Rando, columnista e guionista de televisión. Opinión en El País Ver en Youtube
    • 13:15 h “Tecnoloxía e poder: contra o futuro”. Marta Peirano, xornalista. Opinión en El País, Muy Interesante e Radio Nacional Ver en Youtube
    • 14:00 h Pausa para o xantar
    • 17:00 h “Voces femininas nas retransmisións deportivas”. Paula Montes, xornalista en Radio Vigo Ver en Youtube
    • 17:45 h “A familia e outros universos narrativos”. Laura Ferrero, xornalista, escritora e guionista. Opinión en El País e La ventana da Cadena SER Ver en Youtube
    • 18:30 h Pausa para o café
    • 18:45 h “Ni por favor, ni por favora. Como falar (e escribir) con linguaxe inclusiva. E punto”. Clase maxistral. María Martín, de @generoenaccion Ver en Youtube
    • 19:30 h “Información, feminismo e liberdade arredor do mundo”. Rosa María Calaf, xornalista e correspondente internacional Ver en Youtube

    Inscrición gratuita | Prazas limitadas ata completar aforo


    Sobre as relatoras...

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.