#COHESIÓNSOCIAL

Depotermal

2023

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha un ano máis o programa “Depotermal”, unha iniciativa que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo en establecementos hostaleiros das Rías Baixas (coma balnearios, talasos ou spa). O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas a través da participación en actividades de cooperación social e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.


Un ano máis, a Deputación de Pontevedra pon en marcha o plan “Depotermal”, unha iniciativa impulsada desde o Servizo de Cohesión Social e Xuventude que ten como finalidade fomentar o envellecemento activo en establecementos hostaleiros das Rías Baixas para mellorar a calidade de vida das persoas participantes e evitar as situacións de soidade ou illamento. Así mesmo, pretende dinamizar a economía da provincia mediante a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

As persoas físicas interesadas poderán presentar solicitudes desde o 10 de abril ata o 8 de maio de 2023.

Os concellos que figuran no anexo I das bases reguladoras serán entidades colaboradoras que realicen a asistencia e a xestión das solicitudes das persoas interesadas dentro do seu ámbito territorial, e beneficiaranse de prazas subvencionadas do réxime especial.

O plan “Depotermal” 2023 conta con dúas modalidades: unha de asistencia diaria a balnearios durante cinco mañás ou tardes consecutivas (cun máximo de 1.000 prazas) e outra con pernoita en réxime de pensión completa, de domingo a venres (cun máximo de 2.500 prazas).

Poderán beneficiarse deste plan as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coas actividades ofertadas e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Nacer antes do 1 de xaneiro de 1973. No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1973 ou nunha data posterior deberá producirse algunha das seguintes circunstancias:
    • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
    • Ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións. As persoas solicitantes deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente.
    • Ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do seu concello, un respiro familiar.
  • Estar empadroadas na provincia de Pontevedra.
  • Non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
  • Ser unha persoa autónoma para realizar as actividades elementais da vida diaria.
  • No caso de persoas con discapacidade, non ter recoñecida a necesidade de asistencia dunha terceira persoa.
— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 12 resultados.

ODS NOS QUE TEN IMPACTO