#IGUALDADE

I Edición dos Premios Literarios Hai Unha Voz

Promovidos pola Deputación de Pontevedra no marco do Manifesto de Soutomaior en colaboración coa Asociación Clásicas y Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na cultura.


Unha das múltiples iniciativas incluídas no Manifesto de Soutomaior é “esixir o recoñecemento das obras das escritoras galegas e da súa traxectoria literaria mediante premios” , motivo polo cal se crean os Premios Literarios Hai Unha Voz.

A convocatoria obedece a criterios de especial interese público e social para acadar a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

A finalidade dos premios é incentivar, apoiar e recoñecer as mulleres galegas que se distingan pola súa traxectoria no ámbito literario, ao incidir de forma directa na súa participación ou promoción no sector.

Os premios recoñecen a achega destacada de mulleres galegas que se distingan pola súa traxectoria vinculada ao eido literario durante o ano 2022.

Haberá tres premios con cadansúa dotación económica de 5.000 €.