PROGRAMA

Somos Ponte

Compromiso local, xustiza global

“Somos ponte” é un programa de sensibilización que a Coordinadora Galega de ONGD desenvolve en colaboración coa Deputación de Pontevedra co obxectivo de poñer en valor a cooperación ao desenvolvemento e o importante papel que nela ten a Administración local.


Baixo o lema “compromiso local, xustiza global” e mediante varias actividades —un encontro sectorial, unha xuntanza con organizacións do sur global, obradoiros en centros de ensino da provincia e unha campaña informativa—. “Somos ponte” quere visibilizar os cambios que comunidades noutros lugares do mundo logran no acceso a dereitos básicos a través de proxectos impulsados por ONGD galegas co apoio de entidades como a propia Deputación.

“Somos ponte” comparte coñecemento sobre que é a cooperación ao desenvolvemento e a súa importancia no contexto global, que actores interveñen nela e os proxectos que se realizan. Pero tamén sitúa a Pontevedra no mapa como unha provincia solidaria e comprometida, conectada co mundo a través da cooperación ao desenvolvemento.