#AniversarioSantaClara
Santa Clara
Actividades polo 1o aniversario da compra
A partir do 22 de novembro a Deputación e o Concello de Pontevedra celebrarán o primeiro ano da compra do convento de Santa Clara.
A programación conxunta, confeccionada polas dúas institucións para esta ocasión, contempla xornadas de portas abertas para poder coñecer as escavacións arqueolóxicas e asistir ás conferencias das persoas expertas que traballaron sobre o terreo no convento.
O sábado 3 e domingo 4 de decembro, en horario continuado, de 10 a 18 horas, volveranse abrir as portas de Santa Clara nunha xornada na que as persoas visitantes poderán acceder á planta baixa e á horta do convento.
A entrada será de balde e sen inscrición. Farase un percorrido polas sondaxes arqueolóxicas guiado polas e polos profesionais que traballaron nos estudos financiados pola Deputación. A igrexa será o “centro de recepción de visitantes”, onde se proxectará un breve vídeo para, despois, en grupos de 20 a 30 persoas, iniciar a visita.
Os relatorios proxectaranse na igrexa de Santa Clara ás 19:30 horas.
RELATORIOS
- 22 de novembro de 2022. "Ósos, cacharros, clausura e chocolate. Primeiros resultados da escavación en Santa Clara"
Rafael M. Rodríguez Martínez, director do proxecto, e Israel Picón Platas, codirector da intervención - 23 de novembro de 2022. "Cando as paredes falan"
Dr. Victoriano Nodar tratará a lectura de alzados e paramentos interiores e exteriores dos edificios - 29 de novembro de 2022. "Compoñendo puzzles"
Aldara Rico exporá os traballos de conservación e restauración dos materiais mobles localizados durante os traballos arqueolóxicos - 1 de decembro de 2022. "A vida a través da morte. Aproximación ao estudo das individuais recuperadas no convento de Santa Clara"
Dra. Olalla López e Clara Veiga, responsables dos estudos de antropoloxía, falarán sobre as inhumacións - 5 de decembro de 2022. "Os papeis de Santa Clara"
Dr. Suso Vila falará sobre a investigación historicoartística e o baleirado documental. - 13 de decembro de 2022. "Conferencia de (case) clausura"
Dr. Xurxo Ayán, que falará sobre a clausura na orde das irmás pobres de Santa Clara - 14 de decembro de 2022. "Plantas no pasado e no presente do convento de Santa Clara"
Dra. María Martín e Dra. Carmen Salinero