Depo_Auga

"Depo_Auga"

A Deputación de Pontevedra crea un novo programa na natureza chamado "Depo_Auga".

O "Depo_Auga" consiste nunha excursión guiada polos ríos ou praias da nosa provincia nunha táboa de paddle surf ou nun caiac. Estas son modalidades deportivas que cada vez contan con máis afeccionadas e afeccionados en todo o mundo e é unha das formas máis divertidas de coñecer e sentir o deporte na natureza.

Quen pode participar?

Está dirixido ás persoas amantes dos deportes de natureza e aventura. "Depo_Auga" abre a posibilidade de realizar travesías de aproximadamente 1 hora e media polos ríos da nosa provincia.

Nel poden participar grupos de persoas maiores de 18 anos, ou menores de idade (mínimo de 12 anos) acompañados pola nai, pai, titora ou titor.

Número de actividades e prazas

O programa "Depo_Auga" ofrece 2 actividades totalmente gratuítas, cun máximo de 56 participantes na actividade de caiac e 48 na actividade de paddle surf.

Formalización da inscrición

As persoas participantes poderán inscribirse a través de www.depo.gal a partir do día designado para ese efecto pola Deputación e ata completar o límite de prazas.

Aquelas persoas que se anoten con posterioridade (ata un máximo de 50) pasarán á lista de espera. O prazo de inscrición finalizará o luns anterior á realización da actividade, ás 10 horas.

No caso de non poder asistir á actividade na que estea rexistrada ou rexistrado deberá comunicarllo ao Servizo de Deportes antes de finalizar o prazo de inscricións, o luns anterior á realización da ruta, ás 10 horas, enviando un correo electrónico co nome e co DNI a deportes@depo.gal ; deste xeito pasará a ocupar a súa praza unha persoa da lista de espera. A partir dese día as persoas que renuncien ou non asistan á actividade serán sancionadas e non poderán participar no resto das rutas.

Ás persoas participantes confirmaráselles a asistencia a través de www.depo.gal, coa publicación da lista definitiva, e vía SMS, co programa "Depo Informa" da Deputación.

Funcionamento do programa

As e os participantes deberán desprazarse ao lugar de partida da actividade, onde recibirán información sobre o funcionamento do programa. As persoas participantes apuntaranse en unha das catro quendas que se ofertan por día, e entregaráselles todo o material necesario para a realización das actividades.

Días e actividades

"Depo_Auga" do río Deva (concello de A Cañiza)

Apertura de inscricións: 12 de xullo - Prazas esgotadas

Peche de inscricións: 2 de agosto

Data de realización: 8 de agosto

Listas de presoas admitidas:

"Depo_Auga" do río Miño (concello de As Neves)

Apertura de inscricións: 9 de agosto

Peche de inscricións: 23 de agosto

Data de realización: 28 de agosto

Inscrición

Listas de presoas admitidas: