#CULTURA
HABITARME
Danza e teatro
Fundación Igualarte. Compañía Al Lío
Espectáculo de danza e teatro
Pequena xira coa Deputación de Pontevedra polos concellos da provincia
HabitarMe é unha peza de danza e teatro que trata sobre mulleres diversas, mulleres ben habitadas, mulleres desexosas, mulleres que fan, mulleres que cuestionan, mulleres que están incómodas, mulleres que optan por saír da seguridade do preestablecido porque descobren que hai outras formas que as definen. É unha obra que fala da dialéctica do non parar, non pensar, non sentir e, de súpeto, un crac, unha pausa, un alento máis longo do habitual onde nacen as ganas. Así que falar diso, habitala, é a única opción.
REPARTO
María Romano, directora
Helena Cuber, actriz
Eva García, actriz
Vanesa Lea, actriz
Carmen Gómez, actriz
DATAS
- Bueu
- Sábado 10 de xuño
- Centro Social do Mar, ás 22:00 h
- Cambados
- Domingo 11 de xuño
- Auditorio municipal, ás 20:00 h
- Salceda de Caselas
- Domingo 18 de xuño
- Auditorio municipal, ás 20:00 h
- Gondomar
- Sábado 24 de xuño
- Auditorio Luis Tobío, ás 20:00 h
- Redondela
- Domingo 25 de xuño
- Auditorio Multiúsos da Xunqueira, ás 19:00 h