Deputación de Pontevedra

En Nadal

tendamos pontes de agarimo, respecto e solidariedade

A Deputación de Pontevedra deseñou unha ampla axenda de actividades para este Nadal. Un ano máis, o Museo de Pontevedra e o castelo de Soutomaior serán o epicentro da programación, con actividades pensadas para todos os públicos e a incorporación de novidades con respecto a outros anos.


A actividade festiva comezou o venres 1 de decembro co acendido da iluminación no Pazo provincial, o Edificio Administrativo, o palacete das Mendoza, o Museo de Pontevedra e os castelos de Soutomaior e Sobroso, que suman un total de 250.000 luces.

Na ponte de decembro comezará a programación cultural propiamente dita, con visitas teatralizadas no castelo de Soutomaior os días 6,7, 8, 9 e 10 de decembro e dúas grandes novidades: un espectáculo de vídeo mapping na torre da homenaxe e un escape room na fortaleza.

O Museo de Pontevedra tamén prepara unha intensa axenda de actividades para este Nadal, con exposicións, recitais de música e danza, cinema e obradoiros de ilustración. Todas as actividades son de balde, pero algunhas requiren inscrición previa

Nadal no Museo de Pontevedra

  • Exposición colectiva “Campo de sementes 2”. Edificio Castelao. Do 23 de novembro ao 28 de xaneiro
  • Exposición “Mar e a pantasma das treboadas”, con ilustracións de Xavier Magalhães. Claustro do Edificio Sarmiento. Do 30 de novembro ao 7 de xaneiro
  • III Gala de Lírica . Alumnado do Conservatorio Manuel Quiroga, Pontevedra. Martes 12 de decembro, ás 18:30 h
  • Concerto de Nadal. Alumnado da Academia Gaia, Pontevedra. Venres 15 de decembro, ás 18:00 h
  • Recital de danza clásica. Alumnado da ESDAC Vaganova, Pontevedra. Sábado 23 de decembro, ás 18:30 h
  • Ciclo de cinema infantil: animación feita en Galicia. Os xoves e os venres do Nadal, ás 18:00 h
  • Obradoiros de ilustración Ilustrando un Pasado Mítico. Do 26 ao 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro, de 11:30 h a 13:00 h

Máis información en www.museo.depo.gal

Nadal no castelo de Soutomaior

  • Visitas teatralizadas
  • O asedio ao castelo. Xogo de escapismo
  • Espectáculo de video mapping. Gratuíto e sen límite de capacidade

Máis información e en www.castelodesoutomaior.com

As entradas pódense adquirir en: https://entradas.castelodesoutomaior.com/

Nadal na Sede de Vigo

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.