A Deputación aproba 400.000 euros do Plan Concellos para outros tres municipios

O goberno deu luz verde a novos recursos para Salvaterra de Miño, Oia e Cuntis cos que se realizarán actuacións en edificacións e viarios municipais

26/07/2022

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra revalida o compromiso da institución provincial coa autonomía local ao aprobar 404.010 euros da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos para outros tres municipios. Son Salvaterra de Miño, Cuntis e Oia os concellos aos que chegarán os fondos provinciais, que serán empregados para realizar actuacións de mellora en edificacións e viarios municipais.

Para Salvaterra foron aprobados 165.400 euros que servirán para realizar melloras e reparacións en casas culturais de Fiolledo, Corzáns, Meder, Leirado, Soutolubre, Lourido e Alxén así como no xulgado deste concello. Nestas edificacións realizaranse traballos de mellora de fachadas ou cubertas, reparacións de fendas ou a mellora de varandas.

Pola súa banda, Oia empregará 78.760 euros para realizar actuacións na oficina de turismo e para actualizar os seus acabados e instalacións, dotar á oficina dun baño adaptado na planta baixa, e instalar paneis informativos baseados nas novas tecnoloxías. Ademais, reconfigurarnase as distribucións da planta baixa e alta co fin de poder ser empregadas de maneira máis versátil.

Por último, ao Concello de Cuntis chegarán 159.850 euros que servirán para mellorar seis viarios municipais que dan acceso aos núcleos rurais de Magán, A Torre, Sobrada, Piñeiros, Soutelo e Guimarei.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 10 resultados.