Recepción á loitadora Lydia Pérez tras conseguir a medalla de bronce nos Xogos do Mediterráneo

07/07/2022

O deputado de Deportes, Gorka Gómez, vén de recibir á loitadora Lydia Pérez tras terse convertido na primeira galega en acadar un metal nos Xogos do Mediterráneo que veñen de disputarse na cidade arxelina de Orán. Gómez valorou a consecución desta medalla como “un éxito moi importante” e cualificou a Lydia como un “auténtico fenómeno da loita galega e nacional”. Por outra banda, resaltou a importancia de seguir promovendo o deporte feminino xa que “non ten todo o apoio que debería” e amosou o apoio da Deputación “porque sabemos das dificultades que ten para conseguir patrocinadores e apoios”.

Pola súa parte, Lydia Pérez agradeceu á institución provincial a súa implicación, “por recibirme tanto nesta ocasión como nas anteriores, polo apoio que me brindan día tras día para poder seguir adestrando aquí” e tamén pola visibilidade que poida ter nos medios tanto ela como a loita olímpica. A axenda deportiva de Lydia Pérez continúa nos próximos días no Gran Premio de España de loita antes dos Munidiais que lle poden dar o billete para Os Xogos Olímpicos de París 2024.

Galerias de imaxes