Recursos Humanos e Formación

A este servizo correspóndenlle todas as funcións que directa ou indirectamente están relacionadas coa administración e xestión dos recursos humanos e que se concretan fundamentalmente nas seguintes materias:

  • Cadro de persoal, relacións de postos de traballo, oferta de emprego público, convocatoria de oposicións, selección, provisión e promoción
  • Selección e contratación de persoal laboral fixo ou temporal
  • Vacacións, permisos, licenzas, situacións administrativas e réxime disciplinario de todo o persoal
  • Negociación colectiva, eleccións sindicais, etc.
  • Beneficios sociais, plans de pensións, axudas sanitarias e de estudos, anticipos, préstamos sen xuros, seguros, incentivos á xubilación, etc.
  • Xestión das nóminas e seguros sociais
  • Planificación, xestión e execución do plan de formación