Axenda de actividades provinciais

Tornas as Táboas. SÓS. Mala Sombra Productions

27/11/2022 18:00
Auditorio do Centro Multiusos. Mosteiro. Meis
Tornar as táboas. Meis

“Tornar ás táboas” nacía en 2021 como algo máis que unha programación cultural, como unha declaración de vontade e ánimo para que o teatro retome a súa actividade nos escenarios de auditorios, teatros e centros culturais da provincia; era unha chamada á volta ao lugar de orixe e ao traballo, aos espazos de lecer e emoción, un cambio de dirección e mentalidade tras esta longa temporada de incerteza, dentro desa guía de aviventar a cultura que encabeza todas as propostas este ano, cunha firme intención no seu propio significado de coidado e protección de todo o que vaia acontecer no seu interior.

A segunda edición de “Tornar ás táboas” leva 47 espectáculos á escena este outono, para desenvolver o seu calendario entre o 23 de setembro, e comezar con Malasombra en Rodeiro e pechar a temporada o 18 de decembro en Caldas de Reis con Tanxarina Títeres.

Información