![](/documents/37861/38348/A_Depo_2.jpg/d6fdfad2-c5d4-a38a-2806-0df614f0311a?t=1649328778438)
XORNADA
Protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e loita conta a corrupción
Lei 2/2023, do 20 de febreiro
Salón de plenos. Pazo provincial. Pontevedra
Luns 11 de decembro de 2023 | 09:30 h
Coa aprobación da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, incorpórase ao dereito español a Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión.
A finalidade da norma é a de protexer fronte a represalias as persoas que nun contexto laboral ou profesional detecten infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves e as comuniquen mediante os mecanismos regulados.
En cumprimento do establecido na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, as entidades locais da provincia teñen a obriga de implantar unha canle interna de información que cumpra coa finalidade da citada lei e permita que as persoas físicas poidan informar sobre algunhas das accións ou omisións ás que se refire o seu artigo 2, fundamentalmente infraccións do dereito da UE e infraccións administrativas graves ou moi graves ou feitos delituosos.
Con estes antecedentes, a Deputación de Pontevedra promove esta xornada de carácter práctico sobre a incidencia no ámbito local da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, nas entidades locais.
A xornada vai dirixida a membros de corporacións locais, secretarias e secretarios, interventoras e interventores e secretarias-interventoras e secretarios-interventores da Administración local, funcionariado dos subgrupos A1 e A2 e demais persoal público interesado na materia obxecto da xornada.