#CULTURA
+Música
Promoción da música galega e en galego
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa “+Música” co fin de apoiar a programación artística profesional en galego nos concellos da provincia de Pontevedra.
A través do catálogo de grupos de “+Música”, poñerase á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes actuacións de grupos e artistas musicais profesionais que nas súas actuacións levan a cabo interpretacións e composicións en lingua e de autoría galegas.
Con este programa, perséguese contribuír ao fomento da nosa cultura e da nosa lingua e promover a reputación da nosa provincia como destino cultural.
- Bases de creación do catálogo de grupos
- Prazo extraordinario de presentación de solicitudes de inclusión, baixa ou modificación de datos no catálogo de grupos musicais profesionais de “+Música” da provincia de Pontevedra, de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases en sede.depo.gal
- Bases reguladoras para a solicitude de actuacións (BOPPO do 02/02/2024)
- Relación de grupos inscritos (BOPPO 29/02/2024)
- Solicitude de grupos acollidos, do 1 ao 15 de marzo de 2024 en sede.depo.gal
- Actuacións autorizadas aos concellos (10/04/2024)