#EMPREGO
"O teu primeiro emprego"
Plan de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra
Este plan ten por obxecto facilitar que as persoas tituladas universitarias e de ciclos superiores de formación profesional poidan acceder dentro da provincia a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudos cursados, adquirir experiencia profesional e facilitar a súa futura inserción no mercado de traballo.
A experiencia laboral adquirirase mediante a formalización de contratos laborais en prácticas, polo que para o seu desenvolvemento a Deputación contará coa colaboración dos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, das empresas, das corporacións sectoriais e das organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra, que, xunto coa Deputación no programa propio, son as que contratarán as persoas tituladas que resulten seleccionadas.
O plan estrutúrase nos catro programas de actuación seguintes:
- O teu primeiro emprego na Deputación Provincial de Pontevedra
- O teu primeiro emprego nos concellos
- O teu primeiro emprego nas empresas e corporacións sectoriais
- O teu primeiro emprego en organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra
Cada un dos programas que integran este plan desenvolverase nas seguintes fases:
Primeira fase
Mediante este programa se seleccionarán nunha primeira fase as entidades colaboradoras da provincia de Pontevedra, determinándose as titulacións universitarias e de ciclos superiores de formación profesional dos postos de traballo que se van a desempeñar baixo a modalidade de contrato en práctica
Poderán ser entidades colaboradoras das axudas ou subvencións previstas neste programa as organizacións non gobernamentais, en concreto as asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan programas ou sexan titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais rexistradas no RUEPSS, as pequenas e medianas empresas e as microempresas en calquera das modalidades xurídicas existentes, atendendo á definición establecida pola Comisión Europea (Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio), o empresariado individual e as e os profesionais, as comunidades de bens e as corporacións sectoriais, e os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra e que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
Segunda fase
Nunha segunda fase, a Deputación de Pontevedra seleccionará aspersoas beneficiarias desas contratacións, as cales se realizarán entre as entidades colaboradoras e as persoas beneficiarias co fin de que poidan adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.
A través desta subvención financiarase unha parte do custo laboral total dun contrato en prácticas por un primeiro período de seis meses prorrogables por outros seis meses máis, condicionado á existencia de crédito suficiente no Orzamento provincial correspondente.
As entidades colaboradoras deberán complementar a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios que correspondan segundo a categoría profesional asignada polo convenio colectivo aplicable ou, de non existir este, a categoría equivalente, e asumirán o custo total da Seguridade Social e dos demais conceptos salariais que poidan derivar da relación contractual da persoa traballadora en prácticas.
Contías máximas das subvencións que se concederán para cada persoa
As contías máximas das subvencións que se concederán para cada persoa contratada en prácticas segundo a titulación requirida será a seguinte:
Titulación | Importe máximo da subvención (por mes) |
Importe máximo da subvención (por 6 meses) |
Importe máximo da subvención (no caso de prorrogarse a subvención por 6 meses máis) |
---|---|---|---|
Licenciatura, grado o diplomatura | 1.000 €/mes | 6.000,00€ | 12.000€ |
Ciclo superior de Formación Profesiona | 950 €/mes | 5.700,00 € | 11.400 € |
Convocatorias de “O teu primeiro emprego”
En organizacións non gobernamentais
- Primeira fase
- Bases (BOPPO 12/03/2021)
- Preguntas frecuentes (12/03/2021)
- Lista provisional de entidades participantes (12/05/2021)
- Lista definitiva de entidades participantes (BOPPO 18/06/2021)
- Segunda fase
- Bases reguladoras para a selección de persoas beneficiarias (BOPPO 18/06/2021)
- Anuncio ampliación de prazos (09/07/2021)
- Extracto do anuncio de ampliación (BOPPO 12/07/2021)
- Lista provisional de persoas participantes en sede.depo.gal (10/08/2021)
- Lista definitiva de persoas beneficiarias (14/09/2021)
- Resolución de concesión e desestimación de solicitudes (BOPPO 06/10/2021)
- Aprobación da concesión a organizacións non gobernamentais da condición de entidades colaboradoras e de persoas beneficiarias por renuncias presentadas e liberación do gasto (BOPPO 02/12/2021)
- Xustificación
En empresas e corporacións sectoriais 2021
- Primera fase
- Bases (BOPPO 12/03/2021)
- Preguntas frecuentes (12/03/2021)
- Lista provisional de entidades participantes (12/05/2021)
- Lista definitiva de entidades participantes (BOPPO 18/06/2021)
- Modificación da lista definitiva (BOPPO 13/08/2021)
- Segunda fase
- Bases reguladoras para a selección de persoas beneficiarias (BOPPO 18/06/2021)
- Anuncio ampliación de prazos (09/07/2021)
- Extracto do anuncio de ampliación (BOPPO 12/07/2021)
- Lista provisional de persoas participantes en sede.depo.gal (10/08/2021)
- Lista definitiva de persoas beneficiarias (14/09/2021)
- Resolución de concesión e desestimación de solicitudes (BOPPO 06/10/2021)
- Aprobación da concesión a empresas e corporacións sectoriais da condición de entidades colaboradoras e de persoas beneficiarias por renuncias presentadas e liberación do gasto (BOPPO 02/12/2021)
- Xustificación
Nos concellos 2020
- Bases (BOPPO 19/06/2020)
- Tramitación en sede.depo.gal
- Preguntas frecuentes (actualizado a 25/06/2020)
- Aprobación da relación de concellos seleccionados para participar como entidades colaboradoras (BOPPO 07/09/2020)
- Relación de concellos seleccionados (pdf) (07/09/2020)
- Modificación da relación de concellos seleccionados (BOPPO 11/12/2020)
- Modificación da relación de concellos seleccionados (BOPPO 08/01/2021)
- Modificación da relación de concellos seleccionados (BOPPO 11/02/2021)
- Rectificación das bases (BOPPO 25/02/2021)
- Cartel (pdf)