Responsabilidade social corporativa

Responsabilidade social corporativa

A Deputación de Pontevedra ten como obxectivo principal a atención e o servizo aos concellos e á cidadanía da provincia. No seu compromiso coa responsabilidade social corporativa (RSC) está a impulsar políticas públicas que contribúen á mellora da convivencia, ao desenvolvemento do territorio, ao diálogo cos axentes sociais e económicos, ao fortalecemento dos valores da comunidade, á atención específica aos colectivos vulnerables, á transparencia e bo goberno e ao coidado ao medio ambiente.

Nesa liña, a Deputación Provincial traballa en diversos programas na procura da igualdade, a mellora da calidade de vida das persoas maiores, a loita contra o maltrato, a sostibilidade ambiental, ou a formación en valores sociais das rapazas e rapaces. A continuación cítanse as accións nas diferentes áreas cunha estreita integración da RSC.

Última modificación: luns, 27 agosto 2018