A Deputación adxudica as obras de mellora da mobilidade na EP-0407 en Ponte Caldelas

Os traballos, cun orzamento de 233.538, permitirán actuar nun tramo da rúa Lepanto no casco urbano para convertela nun espazo público de calidade

20/08/2022

A Deputación vén de adxudicar as obras de mellora da mobilidade peonil na EP0407, en Ponte Caldelas, cun orzamento de 233.538 euros, un proxecto enmarcado no modelo de mobilidade segura e sostible que promove a institución provincial. A obra será financiada ao 100% pola Deputación, xa que o 30% de aportación municipal previsto no convenio entre ambas administracións asumirase cunha achega do Plan Concellos.

A actuación desenvolverase nun tramo de 225 metros desta estrada do casco urbano (rúa Lepanto e a contorna do Centro de Saúde) para convertela nun espazo público de calidade, e garantindo a mobilidade peonil e a accesibilidade universal. Deste xeito, as obras prevén a execución dunha zona de convivencia con prioridade peonil, que terá limitación de velocidade de 20 km/h, mentres que no resto do tramo manterase velocidade máxima de 30 km/h.

Os traballos se completan con actuacións de xardinería, co soterramento das liñas de electricidade e telecomunicacións agora en aéreo, así como a execución dunha nova rede de alumeado con luminarias LED de alto rendemento.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.