A Deputación inicia as obras de emerxencia na EP0407 en Ponte Caldelas tralos danos polas choivas

Os traballos de reparación comezaron hoxe e están presupostados en 60.000 euros

01/12/2022

Ponte Caldelas

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar hoxe as obras de emerxencia na EP0407 que une Borela a Ponte Caldelas para garantir a seguridade no viario debido aos danos que as continuas choivas nos últimos meses provocaron na calzada nun tramo localizado no punto quilométrico 7+805 da citada estrada, situado no concello de Ponte Caldelas.

En concreto, no marco da labor de prevención e mantemento que realiza a Deputación na súa rede viaria de estradas, o servizo de Infraestruturas detectou que as choivas provocaron o desprendemento do noiro na marxe dereita no citado punto. A actuación iniciada pola institución provincial consistirá na reparación do noiro para garantir a viabilidade e seguridade e evitar riscos na circulación.

O coste estimado dos traballos é de 60.000 euros e o prazo de execución das obras de dous meses. A citada estrada EP-0407 une as localidades de Borela (no concello de Cerdedo-Cotobade) e Ponte Caldelas, cunha lonxitude de case nove quilómetros.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 14 resultados.