Axenda de actividades provinciais
Xornada final do III Campionato Provincial de Bateis Deputación de Pontevedra
2026-03-29 11:00:00.0
ETEA, Teis (Vigo)
A xornada final do III Campionato Provincial de Bateis Deputación de Pontevedra determinará as e os gañadores de cada categoría. Participarán os bateis que superaron a proba clasificatoria da xornada anterior.
Unicamente os catro primeiros clasificados de cada categoría obterán unha praza para disputar o Campionato Galego de Bateis, que terá lugar na Pobra do Caramiñal tras a Semana Santa.