Encontro Provincial
Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes
“Escribir o que non se di”
En directo
A Deputación de Pontevedra, tras o éxito da primeira edición, presenta a segunda convocatoria do encontro literario e artístico Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes.
Este evento naceu no mes de outubro de 2024 co lema "Vivir das letras", no queparticiparon, como relatoras e relatores, autores recoñecidos de ámbito internacional coma Héctor Abad Faciolince, Manel Loureiro ou Arantza Portabales, entre outros
Pontevedra Literaria naceu para darlle resposta ao crecente interese amosado pola mocidade nas iniciativas de creación literaria e artística, que se manifesta nun incremento notable de solicitudes de participación na categoría de traballo literario breve dos Premios Provinciais á Xuventude.
Este acrecentamento foi o que levou a esta institución provincial a deseñar accións complementarias para poñer en valor o talento xuvenil da provincia, como a organización dunha exposición de fotografía recompilatoria de todos os traballos gañadores nesta categoría dos Premios Provinciais á Xuventude, dunha exposición de pinturano Edificio Castelao na que participaron pintoras emerxentes e a publicación de Xuventude en palabras, onde se recollen todos os traballos gañadores de narrativa e poesía desde 2017 ata 2024 dos citados premios.
Como preámbulo deste evento, e como primeira actividade, o pasado 31 de xaneiro de 2025 tivo lugar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra unha charla impartida polo escritor colombiano Santiago Gamboa.
Tras rematar o prazo de presentación de traballos da IX Edición dos Premios Provinciais á Xuventude, continúase a tendencia que se vén observando nos últimos anos, o incremento da participación nas categorías de traballo literario breve e de banda deseñada, o que amosa que as accións realizadas por esta institución redundan nunha maior participación xuvenil nos eidos artístico e literario.
Xa que logo, o próximo mes de outubro desenvolverase unha segunda edición, co lema "Escribir o que non se di", que terá lugar os días 23 e 24 de outubro no Pazo provincial.
Nesta ocasión participarán novamente escritoras e escritores de traxectoria consolidada, así como persoas galardoadas nas oito últimas edicións dos Premios Provinciais á Xuventude, librerías, clubs de lectura, editoriais e, por suposto, amantes da lectura.
Este encontro demostrou ser unha grande oportunidade para que as persoas convidadas compartan as súas motivacións, relaten as súas experiencias no mundo literario e dean consellos e recomendacións para quen se queira iniciar nesta disciplina, especialmente as mozas e os mozos con vocación escritora.
Alén desta actividade principal, o encontro completarase con dúas accións centradas na banda deseñada:
- Xuventude en Viñetas: catro obradoiros dirixidos a mozas e mozos de entre 12 e 18 anos, pensados para explorar o mundo da banda deseñada
- Exposición de banda deseñada, na que se amosarán as obras gañadoras das últimas oito edicións dos Premios Provinciais á Xuventude.
Programa do Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, “Escribir o que non se di”
Pazo provincial. Pontevedra
- 23 de outubro, de 19 a 21 h
- 1.ª xornada: "Por que escribimos"
- Condutora da xornada: Paula Montes
- Actuación musical a cargo de Andrea García González (piano)
- Apertura por parte do vicepresidente da Deputación, Rafael Domínguez
- Mesa redonda con Ledicia Costas e Jorge Volpi
- Preguntas e interacción co público asistente
- 1.ª xornada: "Por que escribimos"
- 24 de outubro, de 18 a 20 h AFORO COMPLETO
- 2.ª xornada: "Xornalismo e ficción"
- Condutora da xornada: Paula Montes
- Actuación musical a cargo de Andrea García González (piano)
- Benvida por parte do deputado de Cultura, Xuventude e Reto Demográfico e Desenvolvemento Rural, Jorge Cubela
- Mesa redonda con Laura Ferrero e Manuel Jabois
- Preguntas e interacción co público asistente
- 2.ª xornada: "Xornalismo e ficción"