Dous anos tendendo pontes


dous anos tendendo pontes

 

Escoitar, entender, atender
 2 anos tendendo pontes

O Goberno provincial cumpre dous anos tendendo pontes, unha forma de xestionar baseada nunha fórmula: escoitar as achegas de cada cidadá e cidadán, colectivo e administración; entender as suxestións e demandas recibidas sempre con visión de provincia, alén de distribuír os recursos públicos; e atender a todas as persoas que o precisen.

Neste tempo realizáronse máis de 4.530 actos de goberno, 1.200 deles encabezados polo presidente Luis López, e preto de 400 visitas a concellos. Unha presenza que segue a filosofía de facer investimentos e mellorar servizos nos 61 municipios, percorrer o territorio e contar o que acontece.

Ademais, esta nova forma de gobernar desenvolveu seis piares fundamentais a partir da experiencia de escoitar, entender e atender. A atención aos concellos, con máis de 235 millóns de euros investidos en máis dun milleiro de obras, é un dos grandes fitos deste período. O movemento veciñal, con apoio económico a 800 colectivos da provincia, representa outro dos eixes estratéxicos. Tamén o é a consolidación de Pontevedra como provincia do deporte polo grande apoio a eventos e deportistas, así como a promoción do territorio atendendo as singularidades da costa e do interior. A descentralización de actividades como medida fronte ao reto demográfico e a cultura como selo de identidade e elemento chave que chega a todas as contornas completan este modelo, que inicia agora o terceiro ano.

Neste espazo tes dispoñible en vídeo o acto íntegro dos 2 anos tendendo pontes, que tivo lugar en Vigo, e podes coñecer polo miúdo o resultado da xestión nos 730 primeiros días do mandato. 

 

Novas

Pazo provincial

O goberno de Luis López destina en dous anos 2,5 millóns de euros a impulsar programas, plans e iniciativas dirixidas á xuventude da provincia

  10/07/2025

O goberno de Luis López destina en dous anos 8,2 millóns de euros ao movemento asociativo e veciñal da provincia

  09/07/2025

Pazo provincial

O goberno de Luis López destina en dous anos preto de 13 millóns de euros para o benestar social da provincia

  08/07/2025

Pazo provincial

O goberno de Luis López destina en dous anos máis de 40 millóns de euros a manter en óptimas condicións a rede de 1.700 quilómetros de estradas provinciais

  07/07/2025

Imaxe da fachada da Deputación

O goberno de Luis López destina 8 millóns de euros en dous anos á dinamización cultural da provincia de Pontevedra

  06/07/2025

Imaxe da fachada da Deputación

O goberno de Luis López impulsou en dous anos iniciativas turísticas por valor de preto de 13 millóns de euros que converteron a provincia nun destino máis internacional e desestacionalizado

  05/07/2025

A provincia do Deporte

O goberno de Luis López converteu Pontevedra, cun investimento de 27,3 millóns de euros, na provincia do deporte

  04/07/2025

Imaxe da fachada da Deputación

O goberno de Luis López investiu en dous anos 235 millóns de euros que se traducen en máis dun milleiro de obras nos concellos da provincia

  03/07/2025

Rafa Domínguez no balance dos dous anos de goberno

Rafa Domínguez sinala o “proxecto sólido, responsable e ambicioso” da Deputación que levou a que a cidade de Pontevedra reciba máis de 28 millóns de euros en 2 anos

  02/07/2025

Balance de dous anos de goberno

Luis López salienta que o modelo de “escoitar, entender e atender” impulsou máis dun milleiro de obras por valor de 235M€ nos dous primeiros anos de mandato

  01/07/2025

O presidente da Deputación reúne ao seu goberno na Lama

Luis López subliña que a Deputación axudou en dous anos a emitir 300 informes, elaborar 140 asistencias técnicas e retirar 125 vehículos abandonados para pequenos concellos

  28/06/2025

Luis López na rolda de prensa

Luis López adianta que a Deputación organizará por primeira vez na súa historia o acto de balance de dous anos de goberno en Vigo

  27/06/2025