Axenda de actividades provinciais
O GRAN CAMIÑO 2026
O Gran Camiño 2026 é a quinta edición dunha competición ciclista profesional por etapas que se consolidou como un evento de referencia no calendario internacional UCI. Entre o 14 e o 18 de abril, equipos internacionais de alto nivel percorrerán Galicia nunha proba que combina deporte, turismo e patrimonio, mostrando as paisaxes, vilas e recursos culturais da rexión.
A quinta e última etapa desenvólvese na provincia de Pontevedra, unindo As Neves e A Guarda e finalizando no monte Trega. Os ciclistas atravesarán os municipios de Arbo , As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui, Tomiño e A Guarda, con tramos iniciais de subidas e baixadas, un val intermedio de 80 km e dúas ascensións ao alto da Portela antes da meta. Este percorrido pon en valor a diversidade do territorio e permítelles ás e aos afeccionados gozar de preto a emoción da carreira e do patrimonio natural e cultural de Pontevedra.