
CONCEPCIÓN PÉREZ IGLESIAS
Primeira alcaldesa de Galicia
María de la Concepción Pérez Iglesias, coñecida como Dona Concha, naceu en Santiago de Compostela, onde se formou como mestra na Escola Normal. Chegou a Portas en 1907 para dirixir a escola feminina, un labor que exerceu con rigor e cariño ocupándose de cincuenta alumnas por aula. Alí casou con Amador Méndez Santamaría, un adiñeirado emigrante retornado, maior ca ela, con quen estableceu a súa vida na parroquia de Lantaño, onde criou o seu único fillo, Nemesio. Quedou viúva en 1918 por causa da epidemia da gripe que asolou España. Logo do golpe de Estado de Primo de Rivera permitíuselles votar e acceder á vida pública ás mulleres cabezas de familia.
Ler máis
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
Concepción Pérez Iglesias. Primeira alcaldesa de Galicia
Mércores 3 de decembro de 2025 | 19h
Casa da Cultura Domingo Fontán en Porta de Conde. Portas
Interveñen:
- Representación institucional: Paula Bouzós Barros, Deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra e Ricardo Martinez, alcalde de Portas.
- Modera: Marian Fernández. O cable inglés
Participan:
- Concha Méndez Domínguez, neta
- Carlos Méndez Domínguez, neto
- Sinda Méndez Domínguez, neta
- Rebeca López Méndez, bisneta