
CRUZ RISCO
Pioneira do cinema galego
Cruz Martínez-Risco é unha figura clave do cinema galego, soterrada durante moitas décadas baixo a lousa dun inexplicable silencio. Filla serodia do intelectual Vicente Risco, estudou Xornalismo en Madrid e posteriormente formouse en Socioloxía e Dirección e Cinema na Universidade de París 8, nun contexto de renovación cultural tras o Maio do 68. Alí coñeceu outras estudantes que formaron con ela o Grupo 4, un colectivo de cineastas no que tamén participaban Elisabeth Aguirre, Pilar del Caz e Begoña Zanguitu. No verán de 1977, as catro mulleres viaxaron a Galicia para rodar o documental Por que marchamos, traballo de fin de carreira de Cruz.
Ler máis
podcast
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
Cruz Risco, pioneira do cinema galego
Mércores 21 de outubro | 19:00 h
Mercado municipal, As Neves
Relatora: Maribel Outeiriño
Relator: Xaime Varela Sieiro

