MARISOL SOENGAS

MARISOL SOENGAS

Na vangarda da investigación contra o cancro

María Soledad (Marisol) Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha das científicas galegas máis recoñecidas de ámbito internacional no campo da oncoloxía. Licenciada en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e doutora polo Centro de Bioloxía Molecular do CSIC, especializouse no estudo do melanoma, un dos cancros de pel máis agresivos. Tras traballar en centros punteiros dos Estados Unidos coma o laboratorio Cold Spring Harbor Laboratory e a Universidade de Michigan, regresou a España para dirixir o Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).

Ler máis

podcast

FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS

Marisol Soengas

Xoves 15 de Xaneiro de 2026 ás 19:00h

Edificio Sociocultural da rúa Manuel Rivero, Lalín

Representación institucional: Paula Bouzós Barros, Deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra e Maria Paz Pérez Asorey, Tenenta de alcalde. Concelleira de Economía e Facenda. Contratación Pública. Réxime Interno. Fondos Europeos e Axenda Urbana.

Participan:

  • Marisol Soengas

Modera:
Marian Fernández. O cable inglés

VÍDEO