#LINGUA
Asociación de Funcionarios/as para a Normalización Lingüística
A Deputación colabora coa Asociación de Funcionarios/as para a Normalización Lingüística para desenvolver accións de galeguización
O compromiso da institución provincial coa lingua galega é unha prioridade. Tamén, colaboramos coa Asociación de Funcionarios/as de Galicia na realización de diversas actividades para conseguir máis espazos de uso para a nosa lingua, sempre ao abeiro dos estudos de sociolingüística, que salientan o aumento de prexuízos en canto se ascende na escala social. Así, con esta colaboración procuramos aumentar a presenza do galego en sectores estratéxicos nos que se centra a citada asociación, coma o da Administración, o empresarial ou o da xustiza, entre outros eidos historicamente castelanizados.
Unha destas accións é a convocatoria dos Premios Lois Peña Novo de galeguización no contorno das administracións públicas, que incentivan o traballo en galego de persoas, entidades, proxectos etc. que abren novas posibilidades de intercomunicación xeracional promovendo na cidadanía a pertenza a unha sociedade con cultura e lingua de seu.