2025

Bienal de Arte

A Arte Volve

Do 21 de xuño ao 30 de setembro de 2025


A Bienal de Arte de Pontevedra, promovida pola Deputación e o Museo de Pontevedra e a máis antiga de España, comezou a súa andaina nos anos 60 e acadou status internacional nos 80. Tras quince anos de ausencia, regresa como un evento cultural internacional que busca celebrar a arte e fomentar o diálogo sobre a cultura contemporánea.

Esta edición, a 32.ª, comisariada por Antón Castro, crítico e profesor de renome internacional, terá o Museo de Pontevedra como epicentro e estenderase por toda a cidade, que se converterá nunha protagonista máis ao albergar nas súas prazas, fachadas e edificios emblemáticos as obras de máis de sesenta artistas internacionais de primeiro nivel.

Baixo o lema "Volver a ser humanos… ante a dor dos demais", a bienal abordará temas que marcan o discurso existencial contemporáneo: guerras, cambio climático, migracións, crises sociais, autoritarismo, democracia, entre outros.

A cidade de Pontevedra converterase, desde o 21 de xuño ata o 30 de setembro, nun escenario vibrante de reflexión, debate e celebración da cultura contemporánea.

Ligazóns de interese

Novas relacionadas

RESERVA ENTRADAS BIENAL ARTES VIVAS 15-06-2026

A Deputación pon a disposición do público máis de 3.200 entradas para a Bienal de Artes Vivas no convento de Santa Clara

  15/06/2026

 INAUGURACION PEZAS BIENAL ILLA DAS ESCULTURAS

A Deputación pon o colofón á 32ª Bienal de Arte coa inauguración de dúas obras de Soledad Penalta e Idoia Cuesta que adquiriu para a Illa das Esculturas

  23/04/2026

ARTISTAS QUE ABRIRAN A BIENAL DE ARTES VIVAS

A Deputación abrirá o 2 de xullo a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra da man da experimentación coa voz, o corpo e a música de Blanca Tolsá e Clo Plas

  14/04/2026

Rafa Domínguez

A Deputación impulsa a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra, que transformará Santa Clara nun espazo de creación contemporánea no verán de 2026 dentro da nova estratexia anual do Museo

  17/12/2025

Bienal de Arte de Pontevedra

A Deputación suma un novo recoñecemento á Bienal de Arte de Pontevedra nos Premios Agripina de publicidade, márketing e comunicación

  26/11/2025

Imaxe da fachada da Deputación

A Deputación incrementa nun 2% os recursos destinados a Cultura, Lingua, Patrimonio Documental e Museo de Pontevedra, que ascenden no 2026 a preto de 17,3 millóns de euros

  15/11/2025

Conferencia de prensa de Luis López sobre o premio da cultura galega á Bienal

Luis López subliña “o acerto” de ter recuperado a Bienal de Pontevedra, gañadora do Premio da Cultura Galega 2025 na categoría Artes Visuais

  07/11/2025

O presidente e o vicepresidente da Deputación cualifican de “éxito rotundo” a Bienal

Luis López e Rafa Domínguez fan balance do impacto do regreso da Bienal a Pontevedra: 125.000 espectadores e o aval de case 9 de cada 10 persoas para repetir en 2027

  06/10/2025

Luis López e Rafa Domínguez clausuran a Bienal

Luis López e Rafa Domínguez confirman na súa clausura que a Bienal de Arte de Pontevedra volveu para quedar: “Hoxe comeza a edición número 33, vémonos no 2027”

  26/09/2025

Mostrando o intervalo 1 - 9 de 56 resultados.