#MedioNatural

Bosques terapéuticos


As visitas guiadas a espazos naturais sempre son unha aposta segura en canto á oferta de actividades de lecer. A través do programa “Bosques terapéuticos” reformúlase a relación entre as persoas e o medio, onde se mesturan natureza, exercicio, cultura, historia e saúde.

Os bosques terapéuticos baséanse na terapia de shinrin yoku ou “baño de bosque”, técnica orixinaria do Xapón que consiste en internarse na natureza para relaxar a mente e reducir o nivel de tensión. Debe ser unha experiencia consciente, na que usar os cinco sentidos, respirar fondo e camiñar, mentres conectamos coa contorna a un ritmo sanador.

Esta actividade realizarase na provincia de Pontevedra, en concreto nos salóns do Lérez (Pontevedra), na illa de Tambo (Poio), no río Eifonso (Vigo), no Carreirón (A Illa de Arousa), na Ruta da Pedra e da Auga (Meis), na ponte colgante do Lérez (Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade) e no río Almofrei (Cerdedo-Cotobade), e adaptarase ao patrimonio cultural e natural de cada municipio para que a propia terapia se converta nun recurso de ecoturismo adecuado a cada estación do ano.

Preténdese que as e os visitantes gocen dunha experiencia cultural terapéutica e enriquecedora.

As visitas guiadas destínanse ao público xeral, que deberá desprazarse ata o lugar de encontro de comezo da ruta polos seus propios medios. Debido ás características especiais das rutas, nas que se realizará algún tipo de dinámica relacionada cos bosques terapéuticos, as e os participantes, tanto persoas adultas coma nenas e nenos, que deberán ir acompañados, deberán cumprir en todo momento as normas de silencio e de respecto ao grupo, á actividade e ao espazo indicadas pola ou polo guía.

Visitas e datas

Salóns do Lérez (Pontevedra)

Salóns do Lérez

Illa de Tambo

Illa de Tambo

Río Eifonso

Río Eifonso

O Carreirón. Illa de Arousa

O Carreirón. Illa de Arousa

Ruta da Pedra e da Auga (Meis)

Ruta da Pedra e da Auga

Lérez. Ponte colgante

Lérez. Ponte colgante

Senda do Almofrei (Cerdedo-Cotobade)

Río Almofrei

Cada unha das rutas terá un tema central deseñado especificamente para a visita, segundo as características e os valores de cada espazo, sobre o que xirará toda a actividade, e contará cun enfoque participativo, co que as persoas poidan sentirse integradas na actividade desde o primeiro momento. Fomentarase o uso dos sentidos para favorecer, por exemplo, a percepción de diversas texturas ou cheiros na natureza, sempre coa premisa da conservación e do escrupuloso respecto ás medidas sanitarias actuais.

En cada unha das rutas realizarase unha dinámica específica relacionada cos beneficios dos bosques terapéuticos adaptada aos contidos desenvolvidos na ruta e ao espazo no que ten lugar.

As visitas guiadas terán unha duración aproximada de unha hora e media a dúas horas e comezarán ás 10 da mañá para favorecer a procura de tranquilidade e a conexión coa natureza. Para garantir a calidade da visita, o número máximo de participantes por ruta será de 25 persoas.

DATAS

Xuño de 2022 - PRAZAS ESGOTADAS

  • Sábado 04: Ruta Pedra da Auga
  • Domingo 05: Salóns do Lérez
  • Sábado 11: Río Eifonso
  • Domingo 12: Río Almofrei
  • Sábado 18: Illa de Tambo
  • Domingo 19: O Carreirón. Illa de Arousa
  • Sábado 25: O Carreirón. Illa de Arousa
  • Domingo 26: Lérez. Ponte colgante

Xullo de 2022 - PRAZAS ESGOTADAS

  • Sábado 02: Ruta Pedra da Auga
  • Domingo 03: Salóns do Lérez
  • Sábado 09: Río Eifonso
  • Domingo 10: Illa de Tambo
  • Sábado 16: Río Almofrei
  • Domingo 17: Lérez. Ponte colgante
  • Sábado 23: O Carreirón. Illa de Arousa
  • Domingo 24: Illa de Tambo
  • Sábado 30: Lérez. Ponte colgante
  • Domingo 31: Río Almofrei

Agosto de 2022 - PRAZAS ESGOTADAS

  • Venres 05: Ruta da Pedra e da Auga
  • Sábado 06: Salóns do Lérez
  • Domingo 07: Río Almofrei
  • Venres 12: Río Eifonso
  • Sábado 13: O Carreirón. Illa de Arousa
  • Domingo 14: Illa de Tambo
  • Venres 19: Lérez. Ponte colgante
  • Sábado 20: Río Almofrei
  • Domingo 21: Río Eifonso
  • Venres 26: Salóns do Lérez
  • Sábado 27: Illa de Tambo
  • Domingo 28: Ruta da Pedra e da Auga

Setembro de 2022 - PRAZAS ESGOTADAS

  • Sábado 03: Salóns do Lérez
  • Domingo 04: Ruta da Pedra e da Auga
  • Sábado 10: Río Almofrei
  • Domingo 11: Río Eifonso
  • Sábado 17: Illa de Tambo
  • Domingo 18: O Carreirón. Illa de Arousa
  • Sábado 24: Lérez. Ponte colgante
  • Domingo 25: Río Eifonso
 

Prazo de inscrición

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través do formulario en liña, dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra.

  • Actividades do mes de xuño: prazo de inscrición a partir do 23 de maio, ás 9 h, e ata dous días antes do inicio da visita guiada (ás 15 h)
  • Actividades do mes de xullo: prazo de inscrición a partir do 20 de xuño, ás 9 h, e ata dous días antes do inicio da visita guiada (ás 15 h)
  • Actividades do mes de agosto: prazo de inscrición a partir do 26 de xullo, ás 9 h, e ata dous días antes do inicio da visita guiada (ás 15 h)
  • Actividades do mes de setembro: prazo de inscrición a partir do 22 de agosto, ás 9 h, e ata dous días antes do inicio da visita guiada (ás 15 h)

Unha vez realizadas as confirmacións de praza por correo electrónico ás 25 primeiras persoas da lista, é imprescindible que se conteste a ese correo electrónico (medioambiente@depo.es) confirmando asistencia ou rexeitando a praza antes do mércores anterior á realización da ruta, ás 13 h. Aquelas persoas que non contesten no prazo establecido ou non asistan á ruta serán sancionadas e quedarán automaticamente excluídas do programa “Bosques terapéuticos”, e non poderán participar en ningunha das rutas. Así mesmo, as persoas que non contesten tampouco poderán participar na ruta para a que se lle confirmou a praza. A partir desa data, procederase a chamar e confirmar praza ás seguintes persoas da lista de agarda, que deberán contestar á maior brevidade

Noticias relacionadas

 
		Esgotadas as prazas para as últimas rutas de “Bosques Terapéuticos”

Esgotadas as prazas para as últimas rutas de “Bosques Terapéuticos”

Os percorridos previstos para o vindeiro mes de setembro completaron o seu aforo, ao igual que sucedeu nas rutas dos meses anteriores

 
		A Deputación abre hoxe o prazo para as dez rutas de xullo do programa “Bosques Terapéuticos”

A Deputación abre hoxe o prazo para as dez rutas de xullo do programa “Bosques Terapéuticos”

As persoas que desexen desfrutar o próximo mes dos baños de bosque, para os que hai 300 prazas, poden xa inscribirse cun formulario na web da Deputación

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.

ODS NOS QUE TEN IMPACTO