- Galego
- español
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo

Artista e escritor, traballa varios medios, coma a fotografía, a colaxe, a escultura ou o debuxo, nos que en ocasións inclúe textos que completan ou son parte fundamental destes. Prologou diversos catálogos de arte e comisariou exposicións; tamén expón regularmente desde o ano 2000. Das últimas mostras individuais podemos sinalar “Todo aquilo que sucede e con todo non é”, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (2021); “La duda es el único estado posible”, na galería Nordés (2018), ou “Fe de erratas”, na Fundación RAC (2017). Das colectivas sobresae a súa participación en “Afluentes 94: Os anos circulares”, unha selección das e dos artistas galegos máis salientables dos anos noventa. Dos seus últimos libros publicados cómpre destacar, entre outros, Poemario Geométrico (Estraperlo editora, 2021), 365 maneras de estar en un hotel (Tulipa Editora, 2021) e Los consejos no son un buen sitio para quedarse a vivir (Papeles Mínimos, 2018). Nos libros colectivos aparece en El cántaro a la fuente. Aforistas españoles para el siglo XXI (Apeadero de Aforistas e Thémata Editorial, 2020). Recibiu o primeiro premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea (2018) e o premio na convocatoria de comisariado para a Zona C, de Santiago de Compostela, coa mostra “Un cuarto propio”, con obras da artista Rosa Neutro (2017).
{"classPK":6243486,"groupId":"37861","name":"de-catro-a-catro.jpg","alt":"imaxe da mostra máis alá de catro a catro","title":"de-catro-a-catro.jpg","type":"document","uuid":"ebba91b4-6ebb-1b75-d9f3-8d8ff69a865a","fileEntryId":"6243486","resourcePrimKey":"7135324"}
26/02/2024
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo