ASOCIACIÓN REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO
- Vigo
- 986 222 328
- redemediadorasvigo@gmail.com
- rededemulleres.org/

Obxecto da entidade
Asociación sen ánimo de lucro centrada no acompañamento integral a mulleres en procesos de violencia, así como na formación en xénero e na concienciación, prevención e denuncia social. A Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos, ten como obxectivo atender ás demandas que día a día nos expoñen as mulleres que se achegan á Asociación, polo que dende o ano 1998 traballamos no acompañamento ás mulleres en procesos de violencia abarcando todas as necesidades detectadas, así como na formación en xénero e a denuncia social.
Persoas destinatarias
Mulleres vítimas de violencia de xénero
Áreas de intervención
- Concienciación, prevención e denuncia social
Difundindo os valores de igualdade entre as persoas, con especial incidencia nos centros de ensino e nas familias, fomentando a coeducación, cunha participación activa nos movementos sociais. - Formación
En materia de xénero e violencia de xénero, promovendo foros e cursos de formación. - Asistencia e acompañamento integral
A mulleres en procesos de violencia. - Reincorporación psico-social
Promovendo o benestar e a mellora da calidade de vida das mulleres, a través de proxectos que abarcan a área psicolóxica, física e social.
Principais proxectos
- PROXECTO SORORIDADE” Orientación social e asesoramento legal ás usuarias da Rede de Mulleres tanto na primeira atención como no seguimento. Ao mesmo tempo, facilitar o apoio e a información necesaria sobre os dereitos que asisten ás mulleres e propoñer alternativas para rematar coa situación de malos tratos, creando novas oportunidades rompendo co ciclo de violencia ao que se ven sometidas.
- PROXECTO “ACTIVAS” Atención psicolóxica individualizada, principalmente as que marcan o ritmo da intervención, para que a incorporación a terapia grupal sexa un apoio na recuperación de todas as mulleres. Atención social, realizando entrevistas motivacionais e de empoderamento.
- PROXECTO “VISIBLES” Realización de diferentes actividades para visibilizar a nivel social a loita pola consecución da igualdade, as consecuencias das relacións violentas así como a denuncia pública dos casos de asasinatos.
- PROXECTO “CON PERSPECTIVA DE XÉNERO” Promover a formación en xénero e en violencia de xénero. Favorecer o coñecemento das teorías de xénero así como os procesos propios da violencia de xénero.Facilitar os medios instrumentados e articulados que permitan lograr unha detección máis eficaz e operativa dos malos tratos inflixidos a menores, mocidade e a mulleres en xeral. Incorporación de modelos igualitarios e da propia valoración persoal, desenvolvendo o bo trato e as boas prácticas, con xornadas e formación en xénero e violencia de xénero. Favorecer a adquisición de habilidades na prevención e na intervención fronte a violencia machista