Árbore de fogo

Grevillea robusta A. Cunn. ex R. Br.

Árbore de fogo

Familia: Proteaceae  

Árbore perenne

Floración: primavera-verán

Orixe: nativa do leste de Australia.

Porte e altura: pode acadar alturas máximas de 40 m no seu lugar de orixe. O seu fuste é recto e a súa copa presenta forma cónica.

Follas: alternas, de gran tamaño (30 cm), compostas, formadas por folíolos de cor verde pola parte superior e prateados polo envés.

Flores: moi vistosas, con estilos de cor amarela alaranxada, dispostas en acios apicais, conformando unha especie de cepillo.

Froito: cápsulas de 1 cm, de cor parda escura, que conteñen entre unha e dúas sementes aladas.

Outros datos: a súa cortiza é de cor marrón escura agrisada. Presenta gretas verticais nos exemplares de maior idade.

Utilidades e curiosidades: especie de rápido crecemento, empregada polo seu valor ornamental. A súa madeira elástica e resistente é de boa calidade e emprégase en carpintería e ebanistería.

Necesidades e cultivo: desenvólvese ben en climas tépedos e é sensible ás xeadas continuadas sobre todo cando é nova. Resiste períodos curtos de seca e prefire solos ácidos e ben drenados. Non tolera ben a polución excesiva.