Árbore do té

Melaleuca leucadendra (L.) L.

Árbore do té

Familia: Myrtaceae

Arbusto perennifolio

Floración de primavera a verán

Orixe: sueste asiático e zonas tropicais de Australia.

Porte: copa densa e regular con conxuntos de ramas colgantes; árbore que pode acadar os 25 m de altura

Follas: alternas, lanceoladas e grosas, lixeiramente coriáceas, acuminadas nos ápice, de cor cincenta

Froito: cápsula cilíndrica, persistente, duns 4 mm de diámetro

Flor: espigas terminais con flores de cor branca crema a verde pálida, fragrantes

Outros datos: a súa cortiza é papirácea, estratificada en escamas esponxosas, de cor agrisada ou case negra

Utilidades: pode empregarse para parques públicos como exemplar illado, como árbore de sombra ou en pequenos grupos como pantalla cortaventos. Ten propiedades medicinais

Necesidades: ten preferencia por climas cálidos, solos húmidos e lixeiramente ácidos e  a exposición a pleno sol. Tolera as altas temperaturas, a salinidade e encharcamentos puntuais, e tamén a seca. Crece de forma moderadamente rápida. Adoita sobrevivir aos incendios forestais