Camelia híbrida 'El Dorado'

Camelia híbrida 'El Dorado'

Camelia híbrida 'El Dorado'

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración: en inverno e na primavera

Orixe: orixinada por J. Howard Asper en California, nos Estados Unidos, a partir do cruzamento entre C. pitardii, como parental feminino, con pole de C. japonica ‘Tiffany'

Porte: arbusto ou pequena árbore moi ramificada, de porte ergueito e aberto, e de crecemento medio

Follas: elípticas, de 8 cm de longo e 4 cm de ancho, de cor verde escura

Flor: grandes, de ata 12,5 cm de diámetro; de cor rosa clara con certa tonalidade lavanda e veas marcadas; forma de peonia aberta, con preto de 40 pétalos irregulares e ondulados, mesturados con estames de filamentos brancos e anteras amarelas que escurecen rapidamente

Outros datos: ten unha floración moi longa e abundante; esténdese de xaneiro a abril

Utilidades: coñeceuse previamente como ‘Hazel Asper' e cambióuselle o nome para conmemorar a lendaria figura hispanoamericana de El Dorado. Apareceu publicado por primeira vez no American Camellia Yearbook de 1968

Necesidades: cultivar propio de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma