Camelia williamsii 'Jury's Yellow'

Camelia williamsii 'Jury's Yellow'

Camelia williamsii 'Jury's Yellow'

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración: Camelia williamsii ‘Jury's Yellow'

Orixe: cruzamento realizado por L. Jury en Nova Zelandia entre C. saluenesis x C. xapónica ‘Edith Linton' x C. japonica ‘Gwenneth Morey'

Porte: arbusto de tamaño medio, porte ergueito e follaxe densa, con crecemento medio

Follas: elípticas, de 7 cm de longo e 4 cm de ancho, de cor verde media

Flor: de tamaño medio, con 8 cm de diámetro, e de cor amarela clara; forma de anemone, cunha fila de 9 pétalos externos e preto de 50 petaloides mesturados con estames amarelos, pouco visibles

Outros datos: a floración é longa; esténdese de decembro a abril

Utilidades: floreceu por primeira vez en 1971 e a primeira descrición deste cultivar publicouse no New Zealand Camellia Bulletin de 1976

Necesidades: cultivar propio de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma