Camelia xapónica 'Doa Herzilia de Freitas Magalhaes'

Camellia japonica 'Dona Herzilia de Freitas Magalhaes'

Camelia xapónica 'Doa Herzilia de Freitas Magalhaes'

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración no inverno e na primavera

Orixe: orixinada en Portugal ao redor de 1907 por Vicente Magalhães na cidade de Felgueiras e nomeada en honra á súa esposa, que era unha entusiasta das flores.

Porte e altura: planta vigorosa de crecemento rápido e porte lixeiramente aberto.

Follas: escuras e brillantes, duns 10 cm de longo e 6 cm de ancho, forma elíptica a oval, coa marxe lixeiramente serrada e co ápice acuminado.

Flores: de tamaño medio, duns 9 cm de diámetro, forma semidobre a peonía, de cor rosa con tonalidade púrpura ou violeta. Teñen entre 50 e 70 pétalos, de forma elíptica, coa marxe lisa.

Outros datos: florece desde finais de decembro ata maio.

Usos e curiosidades: utilízase como planta ornamental. A súa tonalidade violácea intensifícase cando crece en terreo acedo ou con baixas temperaturas. A planta orixinal aínda crece no xardín da casa da Victoeira na cidade de Felgueiras (a 40 km do Porto).

Necesidades e cultivo: é propia de climas temperados e húmidos, con choivas abundantes. Crece mellor á sombra e ao abrigo de árbores máis altas, en solos ácidos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma.