Camelia xapónica 'Furô-an'

Camellia japonica 'Furô-an'

Camelia xapónica 'Furô-an'

Familia: Theaceae

Arbusto perenne

Floración: no inverno e na primavera

Orixe: O Xapón, posiblemente por cruzamento entre C. japonica 'Tarô-an' e C. rusticana

Porte: arbusto de porte ergueito e aberto, con ramas lixeiramente pendulares e crecemento vigoroso

Follas: de elípticas a ovadas, duns 9 cm de longo e 5 cm de ancho, de cor verde escura, coa marxe lixeiramente dentada

Froito: grande e globoso, de cor verde

Flor: simples, duns 9 cm de diámetro, de cor rosa clara, máis intensa cara ao bordo, con 5 a 6 pétalos grandes e redondeados e numerosos estames no centro da flor

Outros datos: a floración é moi abundante, temperá e longa. Comeza en outubro e pode estenderse ata mediados de maio

Utilidades: é un cultivar moi apreciado no Xapón e, aínda que a súa forma lembra as camelias de Higo, non é recoñecida como tal pola Sociedade Xaponesa das Camelias de Higo

Necesidades: é propia de climas mornos e húmidos, con choivas abundantes. Crece en chans acedos, ricos en materia orgánica e ben drenados. Aínda que non require unha poda anual, responde moi ben a ela, e é necesaria cando se quere facer a planta máis compacta e arbustiva ou para darlle unha determinada forma